Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

   O día das Letras Galegas  é moi importante para a cultura da nosa terra. No presente ano festéxase a un escritor consagrado e moi recoñecido, Carlos Casares.
   Tamén vimos algo da obra de outro bo escritor, Avelino Díaz, case descoñecido, que esperamos que no futuro poida ser celebrado neste día porque foi un dos moitos galegos que tiveron que emigrar lonxe levando para sempre a Galicia no corazón tal e como demostra nos seus poemas.

                                            

   Se desexades saber máis sobre Avelino Díaz, no seguinte enlace podedes informarvos na páxina da Asociación Cultural Avelino Díaz

                                           http://poetaavelinodiaz.weebly.com/
 

miércoles, 25 de mayo de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

   Na semana das Letras Galegas asistimos a varias actuacións como danzas tradicionais, visionado de videos sobre Manuel María (a quen se homenaxea este ano) ou escoitar varios dos seus poemas musicados. Nós tamén actuamos cantando  a canción tradicional "A saia da Carolina" que foi escoitada por todos os nosos compañeiros do colexio.


miércoles, 13 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

   Xosé Filgueira Valverde naceu en Pontevedra nunha familia acomodada. Estudou en Santiago e Zaragoza con moi boas cualificacións. Traballou como profesor no Instituto de Lugo e no de Pontevedra, exercendo máis tarde como alcalde da súa cidade natal.  Foi unha figura moi importante pola súa actividade cultural: dirixiu o Instituto Padre Sarmiento, foi fundador do Seminario de Estudos Galegos, membro da Real Academia Galega, dirixiu o Museo de Pontevedra e o Consello da Cultura Galega. Por outra banda, é un recoñecido historiador, arqueólogo e escritor.
   As seguintes fichas axúdannos a coñecer algo deste importante personaxe.

                                      

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

   Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ó escritor e investigador Xosé Fernando Filgueira Valverde e podemos formar a súa imaxe facendo o seguinte crebacabezas.

LETRAS GALEGAS

sábado, 24 de mayo de 2014

GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL

   Encantounos a actuación do grupo de música tradicional formado por nenas de distintos cursos, dirixidas por Doris, que viñeron visitarnos tamén para As Letras Galegas.



CANTANDO CON SUSA HERRERA

   Na última semana que celebramos As Letras Galegas, entre outras cousas, tivemos a actuación de Susa Herrera. Encantáronnos as súas cancións e bailes de animais.





sábado, 17 de mayo de 2014

PEQUENO CONCERTO DE GAITA GALEGA

   O venres, seguindo coa semana das Letras Galegas, visitounos Helena para darnos un pequeno concerto coa súa gaita, no que acabamos bailando todos moi contentos.


                       
     


     LETRAS GALEGAS 2014                                                                       

sábado, 10 de mayo de 2014

AS NOSAS PALABRAS MÁIS FERMOSAS

   Hai un tempo pedíuselles a todos os nenos que, xunto coas súas familias, escollesen dúas palabras galegas que considerasen as máis fermosas. Houbo bastante variedade, pero algunhas repetironse moito e, xusto con esas máis votadas, fíxose o seguinte video. A música é da Banda M. de Lugo coa S. de Gaitas.


sábado, 18 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

   O xoves celebramos o Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Roberto Vidal Bolaño.
   Por eso, representamos un pequeno fragmento da súa obra "Touporroutou da Lúa e do Sol" no que dialogan o Sol e a Lúa sobre a maneira de pasalo ben e non aburrirse.
   Nós non nos aburrimos porque os nosos compañeiros fixerono moi ben e, ademais, todos poidemos sentirnos Lúa ou Sol.