Xosé Filgueira Valverde naceu en Pontevedra nunha familia acomodada. Estudou en Santiago e Zaragoza con moi boas cualificacións. Traballou como profesor no Instituto de Lugo e no de Pontevedra, exercendo máis tarde como alcalde da súa cidade natal. Foi unha figura moi importante pola súa actividade cultural: dirixiu o Instituto Padre Sarmiento, foi fundador do Seminario de Estudos Galegos, membro da Real Academia Galega, dirixiu o Museo de Pontevedra e o Consello da Cultura Galega. Por outra banda, é un recoñecido historiador, arqueólogo e escritor.
As seguintes fichas axúdannos a coñecer algo deste importante personaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario