Nos últimos días antes das vacacións de Nadal, recibimos a visita do Apalpador na biblioteca do colexio. Contounos a súa historia e ensinounos algunhas das cousas que fai cando se achegan estas datas.
O Apalpador é un personaxe tradicional da montaña que se encargaba de apalpar as barriguiñas dos nenos para ver se estaban ben mantidos e, de non ser así, deixáballes castañas e outros alimentos. Na actualidade, os agasallos que lles deixa son moi diferentes, principalmente xogos e outros enredos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario